viernes, 25 de enero de 2013

A literatura en Galicia na Idade Media.


En Galicia e Portugal, durante os séculos XIII, XIV e XV, aínda imperaba o sistema feudal no cal a nobreza posuía tódalas terras que alugaba ós servos ou campesiños. Os nobres exercían un control político e a Igrexa un control ideolóxico sobre os servos ou campesiñado. As clases privilexiadas cobraban foros ou impostos ós campesiños polo uso ou cultivo das terras e pola protección que lles prestaban no castelo cando a vila era atacada. 

No século X comeza no Norte da Península a Reconquista dos territorios dominados polos mouros que remata no século XV coa conquista de Granada. Os exércitos dos nobres foron os encargados da loita. Co avance da Reconquista a nobreza comeza a ter menos traballo e máis tempo de lecer polo que xa non se dedica tanto actividades guerreiras senóncultivar diversas artes na corte como a poesía. O fluxo de persoas que trae o Camiño de Santiago trae unha nova moda de Francia que é un tipo de poesía que fala do amor cortés.

As cantigas en galego-portugués máis antigas que se conservan datan do século XIII e eran recitadas e compostas polos trobadores que eran os nobres que compoñían a letra e música destas cancións. Diferenciábanse dos xograres en que os xugrares interpretan as cantigas e os nobres compóñenas. Os músicos eran chamados menestreis. As soldadeiras eran mulleres que ían cos soldados as numerosas guerras que houbo nesta época

As cantigas poden ser de tres tipos. As de Cantigas de amor diferéncianse das de amigo en que nas primeiras un home dille a unha muller o amor que sinte por ela mentres que nas segundas dicen o amor que sintes por un amigo. O espazo no que se desenvolven as Cantigas de amigo adoita ser nun marco natural e preciso mentres que as de amor .

Os temas que tratan as Cantigas de escarnio e maldicir son:a covardía dalgúns nobres na batalla, a pobreza na que outros nobres caían, os vicios do clero ou a dubidosa moral das soldadeiras.. Outros xéneros menores son: a tenzó que consiste en poemas dialogados entre dous trobadores ou xograres, a pastorela que é a súa protagonista era unha "pastor" a quen loaba unha voz masculina, o pranto que trata de unha elexía por alguén morto e as albas ou alboradas que tratan de a queixa da chegada do día, momento da separación dos amantes.

Un dos trobadores máis destacados é Alfonso X O Sabio  autor da seguinte composición Cantigas de Santa María que trata de a vida da virxe do mundo.

Cando a nobreza galega é substituída pola castelá o uso escrito do galego entra en decadencia: comezan os chamados Séculos Escuros. As causas da perda de poder da nobreza galega foron a perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia . A miña opinión con respecto a isto é que Galicia é moi pequena e solo nós falamos galego entón ao vir de outros sitios pois a xente non entendía o galego por iso fixeron todo en castelán.

En definitiva, a literatura da Idade Media no século XIII datan as cantigas Galego-Potugues máis antigas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario