LITERATURA GALEGA ATA 1936
As Irmandades da Fala: Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916. Abren unha etapa de concienciación galegista. Como o seu nome indica, a dignificación e promoción do idioma era o seu principio fundamental. Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galiza. O seu voceiro e A NOSA TERRA.
-Promoven o uso oral do idioma en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos...
-Crean editoriais: Nós, lar, Céltiga, Alborada...
-Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega.
-O Partido Galegista: O grande obxectivo do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía.
O Estatudo da Autonomía: é a norma básica dos distintos gobernos das comunidades autónomas.
-Ramón Cabanillas: tras publicar os seus dous primeiros libros en cuba, a ondeemigrara, volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista.
-Vicente Risco: Vicente Risco únese as Irmandades e convértese no primeiro teórico do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Funda Nós, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografía e Folclore, materiais que o guían nunha viaxe de estudos por Alemaña. Durante a Ditadura mantivo posicións próximas ao franquismo, feito este que o converteu nunha figura controvertida para as xeracións seguintes.
- Otero Pedrayo: é un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultivou todos os xéneros con brillantez e destacou polo seu saber enciclopédico e a oratoria privilexiada. De familia fidalga, culta e liberal, comeza a súa andaina no mundo cultural de Ourense, onde colabora con Risco e Cuevillas. Ao igual que os seus compañeiros de Grupo Nós toma consciencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galegismo.
Texto Ramón Cabanillas:
ante os meus ollos, rebulindo, brillan
roxas e ardentes, pra morrer nun sopro,
voadoras muxicas.
no aburrimento triste desa vida
con que o ceo a friaxe do teu peito
xustamente castiga.
co sufrido penar daqueles días,
veñen a consolarme, agarimosas...
mais ca ti compasivas!
Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a Alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petit-gris. Fixeron casa nova e teñen outro automóvil. Aínda podían ter máis.
Vouvos referi-la vida de D. Celidonio e do seu sogro e principal Baldomero Garcia, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡¡¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a sair, cómpre facer un expediente!!!"
Deste xeito veréde-lo que vai de tempos a tempos.
De camiño tamén vos hei contar algo do seu antitético antagonista o Dr. Alveiros, o libertador da momia de Tutankamen, pois se non pode concebe-la unha sen a outra, xa que ademais de tódalas outras cousas que aquí se han ver, alquimicamente, con respecto ó diñeiro, o Dr. Alveiros é o Solve, e o D. Celidonio é o Coagula.
Non ha vir mal unha definición de entelequias:
Coagula.‑ Teño eu feita a descuberta da lei do diñeiro, que hoxe é a lei fundamental da Economía política. Esta lei é a seguinte:
"O diñeiro atráese un ó outro en razón directa da súa masa, e sen consideración ó cadrado da distancia".
Cando eu expuxen esta lei na mesa do fondo do Café Novelty, ó lado da porta de espelliños biselados por onde un vai ó mexadeiro, díxome Aser das Airas:
‑Esa non é descuberta; iso non é mais cá lei da "acumulación da súper-valía", de Carlos Marx. /.../
Solve.‑ Fose Carlos Marx, fose eu, quen descubriu a lei do diñeiro, o que sei é que dar, dáse. Ora tamén, cando ó diñeiro lle pega a forza centrífuga ‑como lle acontece cando eu xunto unhas cadelas‑ daquela non hai quen o corte: devala e escoa coma a auga...
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra;.na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con pau‑ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espirito son a mesma zorza, mixturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.
Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau. /.../
Cando chegou D. Celidonio, o seu principal non levaba garabata.
Daquela, D. Celidonio era un rapaz moi novo, gordo e case bonito. Se non cheirase a queixo fresco e a aceite, e aínda por tempos a gas, aínda, aínda... A filla de Baldomero estaba afeita ó cheiro.
Era máis vella ca D. Celidonio, máis ancha ca alta e non tiña pescozo. Non era tan enrabechada nin tan rabela coma a nai. Cortaba tan ben o xabrón, cun aramio delgadiño, que máis ben daba de menos ca de máis. /.../
Un día Dona Emerenciana enrabechouse de tal forma porque lle faltaron tres cadelas, que se puxo negra coma un condanado, e morreu de xenio, botando lume polos ollos. /.../
E D. Celidonio, que se lle fora o medo cerval que lle puña Dona Emerenciana, casou coa filla e o pai interesouno no negocio.
Eu non quero de ningunha maneira imaxina‑lo que sería a noite de bodas, anque dende logo había ser cousa digna de ser referida. Debeu ser un idilio, o de D. Celidonio con aquela rebola, enzoufado, farturento e espeso, que se podería cortar con coitelo coma o touciño, e pesar pola libra galega.
Eu quixera cantar estes amores crasos e lardeiros, aquela mistura farta de dúas almas que se derrete unha na outra como se derrete na tixola a graxa dos roxóns.
Plácidos amores amansados, de tépeda quentura, que abala a alma durmiñenta, que se sente por eles lubrificada, e sente un pracer dondo e lene, coma cando lle untan a un o nariz con sebo para curar un constipado, ou a barriga cunha untura de aceite de ruda, para sandar unha dor de ventre, cunhas fregas suaves, a gusto e a modiño...
Así como Dona Emerenciana morreu do mal xenio, Baldomero García do Comercio desta praza, morreu tamén como vivira: morreu restriñido*.
Toda a vida fora un raña, que non pensou máis ca en apretar e apretar e apretar: apreta‑la bolsa, apreta‑la gorxa, apreta‑la barriga, a final, apretóulle a tripa e xa non andou máis. Morreu aforrando.
Este texto trata dunha persoa que e alcalde e busca o seu poder.
Texto de Otero Pedrayo:
AS ONZAS.
Sentáronse e comezou a xogueta -o xogo das cartas- Ata aquí non houbo ningunha acción, todo foi presentación dos personaxes. O grande velón botaba unha luz pálida de lámpada de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado. O morgado non xogaba. Triste e baleiro de pensamentos, paseaba pola grande sala e a cada volta perdíase na escuridade facendo renxer as vellas táboas do piso. -Tamén é agora cando se fai a descrición do ambiente da tertulia e partida de cartas na que non participan os donos da casa, é como se xa estiveran no outro mundo, ausentes da realidade-
Bastante completo: +1 e sen moitos erros.
ResponderEliminarMoitas grazas,bo traballo
ResponderEliminar