miércoles, 11 de diciembre de 2013

Castelao.


CASTELAO. 
Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político: En 1931 resulta elixido deputado como galeguista nas Cortes Constituíntes. participou na constitución do partido Galeguista. Foi desterrado por medio dun traslado administrativoforzoso a Badaxoz en Novembro de 1934. Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra, unha serie de artigos co título Verbas de Chumbo, que posteriormente integraría no ensaio Sempre en Galiza (1944), libro de referencia para o nacionalismo galego. En 1936 foi escollido de novo deputado na candidatura da Fronte popular. Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autonomía de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de Xuño de 1936. O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego. Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de Xullo de 1936. As Cortes Republicanas aprobárono o 1 de Febreiro de 1938. En 1938 embarca cara a Nova York ao encomendarlle o goberno a realización dunha campaña de axuda á República en América. Castelao morreu enfermo o 7 de Xaneiro de 1950 no sanatorio de HBos Aires e foi soterrado o 9 de xaneiro no cemiterio da Chacarita. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres en 1984 entre grandes protestas populares que acusan as autoridades que " os que o elexiron agora fanlle honores".
Obras narrativas: Un ollo de vidro.( Un esqueleto que ten un ollo de vidro e conta todo o que ve no cemiterio) Memorias dun esquelete. Cousas.( Textos breves que falan de diferentes cousas da vida en Galiza.) Retrincos.( Relatos que moitos deles teñen que ver coa súa estanza en Vos Aires). Os dous de sempre.(Dous rapaces q un deles esta mal dunha perna)
Obras de teatro: Os vellos non se deben namorar.
Obras de ensaio: Sempre en galiza.


Significa que o galego empregábase como  un insulto.

O señor Antón vivía cando meu avó era mozo. O señor Antón foi un pintor de moita sona, e da súa artesanía quedaron probas a barullo. O señor Antón pintaba todo con lindas coores, tapando madeiras e pedras coma se as vestise con traxes de festa. O señor Antón coidaba que tódalas cousas estaban encoiradas cando non estaban pintadas, e pouco a pouco foi pintando todo, todo… convertindo a pedra en madeira e a madeira en pedra, para que as xentes pasmasen. ¿Pensas que é pedra? Pois non, señor, que é madeira. ¿Pensas que é madeira? Pois non, señor, que é pedra. e velaí o engado artístico do señor Antón.
As súas mellores obras son uns gardaciviles recortados en táboas que hai no moimento de Semán Santa e un cadro de almiñas que ten o tumbo dos difuntos, onde din que puxo a o vello abade pintiparado; pero o señor Antón vivía de facer retrasos.

Fala da vida do señor Antón, dos segredos dos seus cadros e das visións dos cadros.

1 comentario:

  1. Borgata Hotel Casino & Spa, Atlantic City - JTA Hub
    Borgata Hotel Casino 안양 출장마사지 & Spa, Atlantic City - Map, Phone Number, Hours, Reviews, 경기도 출장안마 Map, Rates. The Borgata 서산 출장안마 is a luxury hotel with 2,590 보령 출장안마 rooms 창원 출장마사지

    ResponderEliminar